Monday 06 de May de 2024

O paseo marítimo de Neda acolle a partir deste venres a mostra “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”


O acto de inauguración terá lugar ás 18:00 horas

A exposición itinerante «Rostros da Memoria. Ferrol 1972», do artista e académico Xurxo Lobato, chega a Neda este venres. O paseo marítimo de Xubia, nas inmediacións do Albergue, acollerá a mostra, que promove a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coas asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade. Así mesmo, a inauguración terá lugar o venres a partir das 18:00 horas, e a partir dese momento poderá visitarse ata o 27 de outubro.

A mostra rende homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol do ano 1972, que aínda están vivas e son merecentes dun recoñecemento público. Son 28 retratos realizados en blanco e negro, primeiro plano, onde se busca que a expresión do rostro co paso do tempo exprese a dor lembrada pola represión. Nun estilo sobrio, austero, minimalista, expresionista. A exposición consta de soportes autoportantes, acondicionados para poder exhibirse ó aire libre, resistentes ás inclemencias do tempo, de modo que a súa mensaxe se poida achegar á cidadanía a través da súa presenza en espazos públicos.

Trátase dunha proposta que dá continuidade ó proxecto «Rostros da Memoria», realizado en 2007 e itinerante polos museos máis importantes de Galicia.

Estes son os «Rostros da Memoria. Ferrol 1972»:
Rafael Pillado
José Villar Vergara “Pepolo”
Francisco Rodríguez Sánchez
Anxo Ferreiras Currás
Suso Díaz

Ignacio Fernández Toxo
Irene Piñeiro López
Antonio Mesejo
José Luis Miraz “Pepe Julio”
Fina Piñón Seoane
Divina García Ferreño
Encarna Puentes García
Ramiro Tenreiro Pena
Manuel Díaz Montero
Fermín Goiriz Díaz
Ramiro Romero López
Fina Varela Fontán
José Loureiro Fernández
Xan María Castro
Alfonso Tellado
Evaristo Vidal Barros
José Torregrosa
Alfonso Couce Testa
Sari Alabau
Joaquín Rodríguez Castro
Raúl Pillado
Ricardo Aneiros Sixto
Antonio Martínez Aneiros